Tuesday 07 de May de 2024

Medio Ambiente solicita a colaboración da veciñanza na xestión de residuos


 

Na instrución que a Concellería lle facilita á poboación detállanse medidas con respecto aos fogares con positivos ou en corentena por COVID19

Ante a situación que estamos a vivir, o Goberno
municipal, a través da Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, quere
trasladarlles ás coruñesas e coruñeses unha mensaxe de tranquilidade e de
confianza no noso sistema de xestión de residuos (*contenerización, recollida e
tratamento dos residuos domiciliarios) co propósito de que esta xestión sexa o máis
eficaz e segura posible. É por iso que se solicita a colaboración cidadá, coas
seguintes recomendacións e recordatorios:
• Reducir, na medida do posible, a xeración de residuos tanto orgánicos como
inorgánicos, durante este período de emerxencia e confinamento domiciliario.
• Reducir ao máximo a achega de voluminosos como útiles vellos (colchóns,
xoguetes, mobiliario etc.) na vía pública e agardar a que remate esta situación
excepcional para os levar ao punto limpo fixos/móbiles ou usando o servizo
correspondente vía 010.
• Non depositar cartón-papel nas beirarrúas ou vías cando o colector
correspondente estea cheo, pois iso implica, nos días de choiva e vento, que poida
atascar os sumidoiros e que ocasione problemas engadidos. É mellor achegarse ao
contedor selectivo máis próximo.
• É moi importante seguir realizando a separación e depósito dos residuos de modo
correcto: pilas, roupa usada, aceite, papel/cartón, cristal, inorgánico e orgánico.

Nota de Prensa

• Cómpre lembrar que os residuos inorgánicos e orgánicos deben ser depositados
en bolsas que perfectamente herméticas, para evitar cheiros e, sobre todo, que
gaivotas, gatos e ratas poidan acceder facilmente aos seus contidos e esparexelos
polas beirarrúas.
• En ningún caso se deben depositar bolsas de residuos na beirarrúa. Se os
contedores están cheos, debe achegarse ao máis próximo depositar a bolsa. Hai
que asegurarse de que as tapas dos contedores permanecen pechadas.
• Débense respectar as horas de depósito de bolsas de residuos nos colectores e
lembrar que, facelo fóra das horas establecidas para iso, implica unha sanción.

Ao mesmo tempo e seguindo as instrucións directas do Ministerio de Sanidade ante
esta situación excepcional, comunícanse as seguintes instrucións con respecto aos
fogares con positivos ou en corentena por COVID19:
• Os residuos do doente, incluído o material de un só uso utilizado pola persoa
enferma e polos seus coidadores (luvas, panos, máscaras) e, no seu caso, a
indumentaria de protección do persoal sanitario (excepto lentes e máscara) hanse
de eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun caldeiro do lixo disposto na
habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha
separación para a reciclaxe.
• A bolsa de plástico (bolsa 1) onde se deposite debe pecharse adecuadamente e
introducila nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), onde ademais se depositarán as
luvas utilizadas e pecharase adecuadamente antes de sacarse da habitación. A
máscara e os lentes débense retirar fóra da habitación do doente, onde tamén
haberá un recipiente para ese efecto, de características similares ás descritas
anteriormente e con bolsa de plástico de peche hermético, ás que se lles dará o
mesmo tratamento que á dos residuos do paciente.

Nota de Prensa

• A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase na bolsa de lixo (bolsa 3) co resto
dos residuos domésticos da fracción inorgánica. A bolsa 3 tamén se pechará
adecuadamente. • Inmediatamente despois, realizarase unha completa hixiene
completa das mans, con auga e xabón, polo menos durante 40-60 segundos.
• A bolsa 3 depositarase exclusivamente no colector de fracción inorgánica. • Está
terminantemente prohibido depositar a bolsa 3 nos demais contedores: orgánica,
papel, vidro, téxtil e/ou aceite, ou abandonala na contorna.
Desde a Concellería de Medio Ambiente “somos perfectamente conscientes dos
difíciles momentos que estamos a pasar como sociedade mais temos ao noso
alcance medidas coas que podemos contribuír a saír antes e mellor desta situación
de urxencia: quedar na casa é sen dúbida a primeira e a máis esencial pero se
ademais evitamos crear máis focos de insalubridade, todos/as estaremos a avanzar
de modo activo cara ao final desta situación”, asegura a concelleira Esther Fontán.